Fondo cabecera Concello de Triacastela

Actualidad

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL NO CONCELLO DE TRIACASTELA

A Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio emitiu unha orde para que as entidades locais elaboren Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas.
Dita estratexia esta cofinanciada con fondos europeos de desenvolvemento rexional (FEDER) no marco operativo Feder Galicia 2014-2020.

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL NO CONCELLO DE TRIACASTELA

O concello de TRIACASTELA  está a elaborar a súa Estratexia de Sustentabilidade Ambiental para contribuír a mellorar o seu comportamento fronte o cambio climático, con base no estado ambiental actual. A estratexia está relacionada, principalmente, coa redución dos gases de efecto invernadoiro e a adaptación aos efectos adversos do cambio climático

Para elaborar a mesma tívose en conta a situación actual de partida. Analizáronse datos e recompilouse información , que se proxectou na elaboración da estratexia
A escala local os residuos e a enerxía representan  un elevado porcentaxe do total das emisións de GEI, polo que dentro da xestión municipal poderían proporse medidas de adaptación ao cambio climático no campo da XESTIÓN DE RESIDUOS facendo especial fincapé a aquelas fraccións con maior contribución ás emisións, e tamén no campo da ENERXÍA, a través de medidas de aforro e eficiencia enerxética, as cales ademais dun efecto directo, teñen sobre todo un efecto indirecto, multiplicador pola súa capacidade de demostración exemplo para orientar aos cidadáns e os axentes do municipio.
No ámbito da enerxía o obxectivo é Reducir o consumo enerxético en edificios ca  elaboración dun Plan de eficiencia enerxética no edificio municipal co fin de achegar un estudo sobre os consumos enerxéticos do edificio e as medidas aconselladas para reducir e mellorar devanditos consumos.
No tratamento e eliminación de residuos  a prevención e a xestión adecuada do biorresiduo, ademais de reducir as emisións causantes do cambio climático, contribuirán á xestión sustentable dos recursos, a protección do chan, as enerxías renovables e ao cumprimento da normativa en materia de vertedura.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Triacastela
Concello de Triacastela
Plaza da Diputación N°1 – Triacastela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 548 147 | Fax: 982 548 058
E-mail: concello.triacastela@eidolocal.es