A relación da situación e extensión dos montes veciñais en réxime de mancomunidade distribuídos polo Territorio Municipal, detállase na táboa adxunta:
Monte Veciñal Mancomunado | ||
Nome do Monte | Superficie (hectareas) | Localización (parroquia) |
· Balsa | 65,8 | Balsa |
· Biduedo | 84,1 | Lamas,Tricastela, Vilavella |
· Cancelo | 88,1 | Cancelo, Vilavella, Toldaos |
· Encrucilladas | 1,7 | Monte |
· Furco | 37,1 | Toldaos |
· Lamas | 19,0 | Lamas |
· Meizarán | 3,8 | Lamas |
· Monte | 88,4 | Monte, Balsa |
· Pasantes | 355,7 | Triacastela |
· Queixadoiro | 323,1 | Triacastela |
· Ramil e Triacastela | 10,7 | Triacastela |
· San Breixo | 31,3 | Balsa |
· San Pedro do Elmo | 152,7 | Balsa |
· Toldaos | 33,9 | Toldaos |
· Triacastela | 78,8 | Triacastela |
· Vilar | 36,1 | Triacastela, Vilavella. |
· Vilavella | 94,2 | Vilavella |
O monte veciñal en réxime de mancomunidade representa practicamente un 30% da superficie forestal do Municipio, debido en gran parte, ao carácter xeralmente abrupto deste último. As maiores extensións concéntranse nas áreas montañosas circundantes do Norte e Sur Municipal, nas que prevalece o uso de matogueira e monte baixo, cabe sinalar, tamén as importantes bolsas localizadas cara ao interior do Municipio, sendo o caso das existentes nas parroquias de Vilavella, Lamas e Cancelo.
En contraposición co anterior, a ausencia de montes veciñais é manifesta naquelas zonas de topografía máis moderada, vales fluviais e pequenas veigas agrícolas, onde é máis patente a acción antrópica con fins agropecuarios [pradería e terreos de cultivo].