Fondo cabecera Concello de Triacastela
Inicio » Concello » Ríos

Ríos

Ríos

O Municipio consta dunha variada hidrografía fluvial, que drena a súa extensión territorial e na que destacan, principalmente, os cauces do río Santalla e Oribio.

O río Santalla discorre en dirección Oeste Leste pola parte central do Termo Municipal, encaixado nun val encrestado de modo característico na orografía montañosa abrupta que o circunda, e que na súa confluencia augas abaixo co Rego Valdescuro, dá paso ao curso do río Oribio; curso fluvial este último, que circunvala pola cara norte á vila de Triacatela.

A restante rede fluvial está conformada por ríos de menor entidade; Longo, Teixido e Ribeira. Alimentada por numerosos regueiros procedentes de relevos próximos ; Bezcas, Tras dá Pena, Vilavella, Ribeira e Valdescuro.

Así mesmo, no Municipio abundan fontes e mananciais menores que regan terras de labor e que proporcionan auga potable a diversas paraxes deste.

Por outro lado, no referente á existencia de áreas en risco de inundación, non se considera a formación de zonas de inundación potencial no Territorio Municipal.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Triacastela
Concello de Triacastela
Plaza da Diputación N°1 – Triacastela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 548 147 | Fax: 982 548 058
E-mail: concello.triacastela@eidolocal.es