Hoxe en día, acostumase a dicir que o que non esta na rede non existe, é case que podemos dicir que así é, porque calquera información que queiramos recibir, con un só clic é as famosas www, podemos obtela en segundos. Triacastela, por suposto que existe dende moito antes que os ordenadores persoais e a Internet (velahí a súa historia), pero para que o mundo enteiro poda coñecernos ¿colgamos¿ na Internet a nosa páxina coa intención de un maior coñecemento do noso fermoso concello para todo o mundo, tamén para que moitísimos triacastelenses que por circunstancias están lonxe das súas raíces cando a saudade se apodere de eles podan facer unha viaxe virtual polo seu pobo, é como non para que calquera poda contactar co Concello de Triacastela é nos faga chegar suxerencias ou opinións que melloren o propio funcionamento do Concello.
Sabemos que ó comezo desta andaina haberá cousas que teremos que ir modificando, pero esperamos en moi pouco tempo que esta páxina sexa unha ferramenta útil para todo o que a ela se asome, é, como non, que sirva para un maior é mellor coñecemento de Triacastela.