Fondo cabecera Concello de Triacastela

Historia

Algúns estudiosos consideran que Triacastela se refire a unha comarca e non a un pobo. Teñen como fundador a Afonso IX, pero esto non pode ser certo xa que existen datos referentes a esta poboación anteriores ó reinado de este rei.

O 12-11-969 según o ¿Tumbo de San Julián de Samos¿ o presvítero Vilifonso cede o Mosteiro de San Julián e Santa Baselisa de Samos a Igrexa de San Estevo sita no territorio de Triacastela nos termos dende o carral que vai da vila ata o carral que discorre cara a estrada mayor que vaia a Fonfría.

O 1-08-1149 según o mesmo Tumbo o abade da igrexa Samonense compra un solar en Triacastela que está entre a casa de Paio Lidiz e a casa de Godina Eichigas, polo prezo de 50 soldos de moedas magusenses.

Por este motivo si en Triacastela hai solares entre casas compradas polo abade e de supoñer que existe un pobo.

Para Afonso IX, Triacastela foi considerada como un lugar estratéxico por estar situada ó lado dos ¿Alpes galegos¿ polo cal o monarca emprendeu unha importante repoboación neste pobo, por eso en diferentes ocasións reside, pasa e chega a firmar documentos reales, así como as terras de Triacastela se refiren documentos firmados noutros lugares.

Ó falar da parroquia con relación a eclesiástica o Cabildo Catedralicio de Lugo estaba formado, dende antes do século XVI, por doce dignidades: Deán, Chantre, Arcedianos (de abeancos, Deza, Neira, Sarria, Dozón e Triacastela)

Antonio López Quiroga nado no lugar de Cancelo, foi no século XVII o mais importante productor de plata nas minas de Potosi. (Fonte: Peter Bakewell.).

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Triacastela
Concello de Triacastela
Plaza da Diputación N°1 – Triacastela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 548 147 | Fax: 982 548 058
E-mail: concello.triacastela@eidolocal.es